"Para non hipotecar a cidade..." é o argumento da alcaldesa da Coruña para defender a decisión de renunciar a ser sede do Mundial 2030. O concello dí que non habería retorno económico, e que a alternativa que presenta xunto ó Deportivo é máis real.
A oposición municipal afea a falta de transparencia de María Pita neste asunto, e a Xunta lamenta a noticia.
-O BNG levará unha declaración institucional ao próximo Pleno para que o Parlamento se opoña a indemnizar aos Franco, polo mantemento do Pazo de Meirás. A Xunta amosa a colaboración a un posible recurso por parte da avogacía do Estado
- AENA reúnese hoxe coas administracións e cámaras de comercio no aeroporto de Santiago pra tratar de coordinar as tres terminais galegas e avanzar na conectividade entre elas.
-Medran as queixas no Centro de Atención a persoas con discapacidade física de Ferrol. Residentes e traballadores denuncian a precaridade que atravesan pola falta de persoal.
Loce o sol en Santiago con oito graos de temperatura . No tráfico, hai retención arestora na avenida de Lugo xusto á entrada do tunel sentido Milladoiro por un accidente que se vén de producir do que de momento non temos máis datos. A Policia Local está desprazada no lugar desviado o tráfico. No resto de vías, sen complicacions. POla tarde, teñan en conta que haberá un corte de ciruclacion na avenida do Burgo entre as tres e as sete por pintado da calzada. Afectará á liña 15 do bus urbano
Escuchar audio