A tensión internacional deixa ecos na economía difíciles de acalar. Agro e pesca abordarán mañá co ministro Luis Planas a súa situación particular en relación coa crise enerxética. De seguida escoitamos as súas inquedanzas.
Tamén recollemos as dos médicos, que encaran unha nova semana de folga. Alén do paro indefinido na Atención Primaria convocado por Omega, mañá comeza unha nova folga estatal dos facultativos contra o Estatuto Marco do Ministerio.
Tamén protestan as empregadas do comercio da provincia da Coruña. Hoxe manifestáronse en contra dun convenio estatal que -din- é regresivo en dereitos.
Na cultura ficamos expectantes por ver que acontece hoxe en Hollywood. Sirat, de Oliver Laxe, é a candidata a gaña-lo Oscar en dúas categorías.
No tempo de entrevista, recibimos ao presidente de Down Galicia. Preguntarémoslle como imos coa inclusión das persoas con esta síndrome.
Deportes, o Depor gañou onte ao Ceuta, 1 a 2. Os herculinos están en postos de ascenso.
Escuchar audio