- no primeiro día de calor da temporada, arderon 23 hectáreas na
provincia nos concellos de Muiños e Viana do Bolo.
- Día de protestas laborais, as dos médicos que se concentran diante
do hospital hoxe ás 11h e as das traballadoras de Lonia, un mércores
máis.
- Iremos as terras de Monterrei, os veciños queren que se restaure
unha histórica presa que permitía o paso entre Verín e Monterrei e que
a forza das augas do támega este inverno destrozou.
- Xa hai reaccións políticas polas facturas infladas ao sergas do
grupo médico privado recoletas. E hoxe pleno extraordinario municipal
para fixar o prezo das futuras termas das burgas, que lembremos levan
pechadas seis anos.
- O clube barreirista de Galicia propón que a estación intermodal de
Ourense tome o nome de Eduardo Barreiros. Presentaron xa unha petición
a subdelegación do goberno e Están a preparar tamén unha campaña
cidadá para dar a coñecer a iniciativa e que se sumen todos aqueles
que concorden coa proposta, falaremos co presidente do Club Alfonso
Vázquez
Escuchar audio