O conselleiro de Sanidade anuncia que vai convocar as organizacións convocantes da folga en atención primaria, pero de momento o que se engade e unha nova convocatoria da CIG.
Hoxe, como é festivo, xa non hai citas, cirurxías ou probas programadas.
A Xunta non prevé aprobar medidas de apoio ós sectores máis afectados pola guerra, a conselleira de Economía di que lle corresponde ó goberno central
E, Galicia é a cuarta comunidade na que máis roubos de cobre se producen. En Ourense, nos últimos días as accións repítense nos cemiterios.
Deportes. O Celta buscará en Lyon o pase a cuartos de final da europa league. Os franceses lograron un empate en Balaídos.
O tempo. algunhas nubes altas, pero unha xornada na que volveremos a ter temperaturas altas, entre 20 e 25 graos
Escuchar audio