Martes 24 de marzo. A Gudiña recuperará a parada matinal do AVE para ir a Madrid a partir do 20 de maio. A plataforma Dereito ao Tren valora positivamente as novidades comunicadas polo Delegado do Goberno e o Presidente de Renfe en Lugo, pero mantén convocada unha mobilización na cidade para o mércores. Piden que se resolvan tamén os horarios da tarde e unha mellora nos bonos de transportes.
E, na Limia, mentres que plataforma Auga Limpa XA se organizan para visibilizar a problemática da contaminación na comarca e esixir que se cumpra a sentenza das Conchas, dende a Confederación Hidrográfica critican falta de disposición da Xunta para coordinar medidas.
Ás sete da tarde, a biblioteca Nós acolle a presentación do libro "Gaza,un genocidio televisado". Falamos co seu autor, Mohamed Safa.
Escuchar audio