A alcaldesa de SAntiago, a nacionalista Goretti Sanmartín, someteráse nuns 15 minutos, ás nove, a unha cuestión de confianza vinculadas ó presuposto municipal de 2026.
Como veñen de escoitar, as contas presentadas polo bipartito compostelán, foron tumbadas pola oposición no pleno extraordinario da pasada tarde. Un escenario no que, todo apunte, rematará coas contas aprobadas de xeito automático en 30 días, sempre que ninguén presente unha moción de censura.
Algo, todo apunta, moi improbable.
-A nacionalista Avia Veira será a candidata do BNG á alcaldía cidade herculina, sustituirá a Francisco Jorquera nas próximas eleccións, en maio do próximo ano.
-Continúan abertas as dúas frontes que o sector do taxi ten na Coruña: a competencia cos VTC e o sistema de quendas para prestar servizo en Alvedro. Nuns minutos estaremos en Alvedro para ver como está a situación.
-Hoxe inaugúrase, na Fundación Barrié da Coruña, a exposición "Lalique, a beleza no art nouveau e o art déco". Trátase da maior mostra organizada ata o momento en España sobre o artista francés
Escuchar audio