Aprobados inicialmente os presupostos de Santiago de Compostela para este 2026, ó saír adiante a cuestión de confianza á alcaldesa Goretti Sanmartín.
A nacionalista recibiu o SI das concelleiras non adscritas, que deron un xiro de guión, ó absterse na véspera durante a aprobación das contas.
O orzamentos, que supera os 148 millóns de euros, continúan o seu trámite centrados no reforzo dos servizos públicos.
-Na Coruña, á unha e media haberá hoxe pleno extraordinario, a petición do partido popular, no que a alcaldesa Inés Rey dará explicacións pola renuncia da cidade a ser sede do Mundial de Fútbol 2030.
-Estabilizado un incendio rural na Laracha dunhas 20 hectáreas. As lapas iniciáronse na parroquia de Caión ás catro da tarde e quedou estabilizado sobre as oito e media.
- Renfe habilita transporte alternativo por estrada para os usuarios de tren da Coruña. A estación pechará o seu servizo esta noite, e durante 16 horas, por obras na estación intermodal
Escuchar audio