O sergas e o sindicato Omega retoman as conversas para tratar de acabar coa folga indefinida da atención primaria. Con certa esperanza, porque cando menos , din, escoitaron as súas demandas.
Aínda que o paro e o encerro no centro de saúde Olimpia Valencia de Vigo continúan ata que haxa resultados.
O parlamento aproba a reforma legal que endurece as sancións por agredir a persoal sanitario, mentres a oposición lamenta que non se traten as causas.
Os transportistas galegos demandan unha rectificación das medidas anticrise do Goberno antes deste venres, día 27 e non descartan paralizar a actividade.
Unhas 2 mil mariscadoras de 25 confrarías, afectadas por mortaldades serveras ou moderadas, poderán elexir entre o cese de actividade e un convenio coa Xunta para rexenerar os bancos.
O tempo segue case despexado e con temperaturas cálidas.
Escuchar audio