Martes de Entroido, festivo en moitos concellos galegos, das principais cidades só Ferrol, Vigo e Pontevedra non teñen o día sinalado hoxe, aínda que por exemplo en Pontevedra mañá si que será xornada festiva. Día de desfiles de Entroido, de moita música e comida típica...
E sendo unha xornada especial, prevese que o impacto da folga médica sexa algo menor. De momento o Sergas cifra nun 16 por cento o seguimento, aínda que está a haber moita disparidade a diario coas cifras dos sindicatos.
Todo nun día no que a chuvia dá unha tregua pero no que continúan os efectos do temporal, especialmente no marisqueo e no transporte por tren, tamén con inundacións coma os que lles contabamos a primeira hora en Neda.
Antes falamos de gastronomía.
Escuchar audio