A mortaldade nos bancos marisqueiros podería ser, trala sucesión de borrascas dos últimos días, peor que a do ano 2023. Así o recoñece a consellaría do mar, que considera crítica a baixada da salinidade. Traballan pra coñece-lo impacto no sector
- Os veciños do Encoro das Conchas reclamarán medidas contra a contaminiación trala ratifcación do supremo da sentenza que condena a Xunta e Confederación hidrográfica
- A Xunta alegará contra o novo intento de Transición Ecolóxica de limita-las concesións en costas a 75 anos, incluindo as prórrogas
- A patronal do metal e o goberno galego rexeitan a moratoria na implantación da eólica mariña que pide o sector pesqueiro
- No tempo, poñemos hoxe algúns datos ó tren de borrascas que vimos sufrindo: deixa 290 litros por m2 de media, 7.600 incidencias e máis de 500 avisos en encoros e ríos...
Escuchar audio