As continúas borrascas ameazan con parar a producción dos mariscadores da Ría de Noia. Unha situación que recorda ao acontecido no ano 2023 cando a alta mortaldade dos bancos marisqueiros fixo imposible saír a faenar. Dende a confraría de Noia, hoxe e mañá realizarán mostraxes pra avaliar a situación.
- Este luns os traballadores afectados pola supresión do programa Lecer da Coruña teñen previsto reunirse coa alcaldesa Inés Rey. Con todo, este mércores convocaron unha nova mobilización par denunciar o impago de nóminas.
-- En Santiago, Os veciños de Aríns solicitan ao Concello de Santiago a paralización da posta en funcionamento dunha antena de telefonía móbil instalada nunha finca privada da zona.
--Este xoves, día 19, o Tribunal Supremo votará e fallará a sentenza definitiva sobre o Pazo de Meirás. As entidades memorialistas confían en que se garanta a propiedade pública do inmoble
Escuchar audio