Rematan os cortes nos servizos ferroviarios da provincia por mor dos temporais, pero, no acaban os problemas para os usuarios. Hoxe arranca a folga de tres días do persoal de Renfe, en demanda dunha maior seguridade nas viaxes.
Os servios mínimos cubren o 65 por cento das liñas.
E outro paro que pode volverse indefinido a partir do mércores, é o do transporte por estrada da provincia. Hoxe reanúdanse as negociacións coa patronal, coa falta de unidade sindical como principal escollo.
-Estaleiros galegos coma o de Navantia Fene son referencia mundial na fabricación de parques eólicos mariños flotantes, a mesma tecnoloxía que se empregaría fronte ás costas da Coruña se finalmente saen adiante os plans do Goberno central.
-A plataforma contra a mina de Coéns, en Laxe, denuncia a falta de información sobre un novo proxecto mineiro, presentado en 2022, e que contempla unha explotación de caolín a escasos metros das casas durante 30 anos.
-O Deportivo da Coruña continúa terceuro ó vencer ó Albacete por dous goles a un, e suma a súa primeira vitoria como local en máis de dous meses
Escuchar audio