Seguen as cancelacións e retrasos nos servizos ferroviarios en Galicia, malia á suspensión da folga por parte dos sindicatos ferroviarios. E agora non hai servizos mínimos, polo que a incerteza dos viaxeiros é aínda maior.
Pendentes tamén dos autobuses. A CIG mantén pra mañá a súa convocatoria de folga indefinida á espera do resultado de asambleas que se celebrarán esta noite.
O goberno central inclúe a Galicia nunha orde de axuda para particulares e administracións afectados pola concatenación de borrascas dende novembro.
O conselleiro de sanidade anuncia mesas de traballo para traballar nunha mellor ordenación do persoal sanitario, as súas retribucións e a humanización asistencial.
Escuchar audio