Segundo día sen comunicacións por tren entre Vigo e Santiago, por mor das inundacións no terreo, ós que se une hoxe a liña convencional Ourense-Carballiño-Compostela.
Renfe segue sen poñer plan alternativo por estrada, polo que a Xunta reforzou os autobuses.
A borrasca Leonardo está a causar tamén estregos en Betanzos, pola suba dos ríos Mandeo e Mendo.
-O Instituto Felix Muriel de Rianxo e o CRA Ponte da Pedra de Carballo protagonizaron a última xeira de peches en centros educativos da CIG pra visibilizar as carencias do sistema educativo galego.
--A Audiencia da Coruña condena a 48 anos de cárcere a un home por agredir sexualmente a mulleres vulnerables ás que convenceu para exercer a prostitución nun suposto club de alterne de Ordes. Alí someteunas a agresións empregando a sumisión química.
--En Cabanas, a oposición fragua unha moción de censura contra o alcalde, o popular Fernando Couce. Falan de falta de proxecto do goberno local e estancamento económico no concello
Escuchar audio