A estas horas profesorado e familias do IES Agra de Raíces de Cee rematan o peche reivindicativo co que pasaron esta noite no centro...
Denuncian a falta de profesionais especializados e aulas masificadas. A protesta enmárcase nos peches rotatorios convocados para xaneiro e febreiro polos sindicatos CIG e Steg en defensa da educación pública.
-Os traballadores do sector de transporte de autobuses da provincia votan hoxe en asemblea o preacordo ó que chegaron UGT e Comisións Obreiras cos empresarios. Lembramos, non asinado pola CIG. De momento, segue en suspensión a folga convocada.
- O Foro Cidadán polo Ferrocarril foi recibido polo Conselleiro de Presidencia, Diego Calvo, que se comprometeu a instar ó goberno central para recuperar a conexión do tren Ferrol-Madrid.
- Xornada coa presenza da varios ministros na provincia. O titular de Economía, Carlos Cuerpo, participa hoxe en Santiago nun acto académico na Facultade de Ciencias Económicas da USC. E A Coruña acolle hoxe e mañá o terceiro cumio mundial sobre Intelixencia Artificial no ámbito militar, ó que asistirán Margarita Robles, hoxe, e José Manuel Albares, mañá
Escuchar audio