Suspendida a folga indefinida nos autobuses da provincia ata que os traballadores voten o preacordo acadado a pasada tarde entre os empresarios e UGT e CCOO. O sindicato maioritario, a CIG, considera insuficiente a suba salarial do 3,4 por cento.
A asembleas para ratificar o acordo serán hoxe e mañá.
-A Xunta pídelle á dirección e empresa encargadas das obras de rexeneración da mina do Monte Neme informes coas actuacións realizadas, para esclarecer as causas da rotura da balsa do pasado sábado. Ecoloxistas en Acción denuncia penalmente á Xunta e á compañía.
- O Sergas confirma un gromo de varíola do mono con nove casos en Galicia sen orixe clara, SETE deles apareceron na provincia da Coruña no prazo dun mes.
- En Santiago, a oposición tumba a xestión mixta da auga. O goberno local lamenta que os votos de PP e PSOE impedisen levar adiante a proposta de BNG e Compostela Aberta, e mantense o modelo concesional
Escuchar audio