Suspendida a repotenciación obrigatoria dos parques eólicos de máis de 25 anos. O Tribunal Constitucional suspende a medida e outra sobre dependencia tra-lo recurso do goberno sobre varios artigos que a Xunta incluiu na lei de acompañamento dos orzamentos do ano pasado. O goberno galego considera que a decisión prexudica ós galegos.
E os tractores retoman o protagonismo: varias ducias deles manteñen interrompido o tráfico na A-52 en Xinzo.
Deportes. O Celta que empatou en Belgrado saberá hoxe quen é o seu rival na próxima eleiminatoria da Europa League, Lille ou Paok, equipos os que xa se mediu na primeira fase da competición.
O tempo. Este venres unha nova borrasca quedará situada ao suroeste de Irlanda, cunha fronte fría activa asociada. Enviará chuvascos, ocasionalmente treboentos e que poden vir acompañados de sarabia.
Prevense acomumulacóns de neve superiores aos 5cm por riba dos 1000 metros.
No mar, á tarde o aviso laranxa, que está agora activo, amplíase no litoral da Coruña e Pontevedra a vermello por ondas de ata 9 metros e vento de forza 8 a 9
Escuchar audio