Unha familia de Monfero denuncia a retirada da coidadora para o seu fillo, un neno de 8 anos con autismo, grao 2 de dependencia, e un 36 por cento de discapacidade. A súa nai vai cada mañá ó colexio para atendelo e cambiarlle o cueiro. Desde Educación dín que a avaliación realizada concluíu que non precisa coidadora, xa que dispón de autonomía suficiente.
A situación dos bombeiros no concello de Ferrol será un dos asuntos que se aborde hoxe no pleno. Os grupos da oposición presentan unha moción conxunta para reclamar unha mesa de diálogo sobre a relación de postos de traballo.
O concello da Coruña, que hoxe aprobará definitivamente o seu orzamento para o 2026, pon en marcha a campaña “Este é o teu sinal” para fomentar condutas cívicas no ocio nocturno.
Pleno extraordinario nas Pontes para abordar a solicitude da suspensión inmediata do desmantelamento do parque de carbóns da central térmica de Endesa, iniciado esta semana.
Escuchar audio