Por primeira vez nos seus 500 anos de historia a Universidade da Coruña terá unha muller como reitora...
E será unha delas catro: Alba Nogueira, Rosa Crujeiras, Maite Flores ou María José López Couso.
Hoxe arranca a campaña electora para elixir á sucesora de Antonio López á fronte da USC...As eleccións serán o 12 de febreiro.
-A plataforma de vítimas do Alvia concentrouse na tarde deste luns en Madrid e na Coruña en protesta pola sentenza que exculpa definitivamente ó que fora xefe de seguridade na circulación de Adif, Andrés Cortabitarte, no momento do accidente de Angrois.
-Acordo de conformidade entre as partes que evita o xuizo, que se ía iniciar este luns, polo crime que acabou coa vida do praceiro compostelán Antonio Costa en novembro de 2024. Os dous acusados aceptaron unha pena de 11 anos e medio de prisión.
- Mediación fallida entre sindicatos e patronal no sector do transporte por estrada da provincia. Os empresarios erguéronse da mesa de negociación, na xuntanza que tiñan este luns no Consello de Relacións Laborais alegando incidencias nas xornadas de folga.
**A borrasca Joseph, deixou 132 incidencias ó seu paso pola provincia da Coruña este luns, segundo o último parte do 112, sobre todo por ábores caídas e desbordamentos.
PArece que hoxe o temporal irá remitindo...
Escuchar audio