Precaución a estas horas nas estradas da cidade da Coruña, o intenso temporal está a provocar apagóns no alumeado público, que neste momentos afecta aínda a algúns dos semáforos do centro...por mor dunha treboada que se producía arredor das seis.
Houbo cortes de luz tamén en Santiago e Ferrol...un total de 41 incidencias na provincia, segundo a Axega.
Non se suspendes as clases na provincia, pero si, as actividades no exterior...
-No transporte por estrada da provincia, logo de mes e medio de mobilizacións, a patronal do servizo e os sindicatos foron chamados a unha reunión de mediación o luns en Santiago. Con todo, hoxe mantense a folga convocada polo sector.
-Concentración a esta hora na praza de Cervantes, en Santiago, en protesta polo desaloxo do edificio okupado da Algalida de Arriba, pola asociación Escarnio e Maldizar. Nestes momentos complícase o acceso ó casco vello, o concello trivo que reforzar a presenza policial. De seguido imos ata alí.
-Detido este xoves en Meicende, en Arteixo, Daniel Vázquez Patiño, un dos delincuentes que figura na lista dos dez fuxitivos máis buscados de España, por agredir sexualmente a unha menor de dez anos
Escuchar audio