O comercio de proximidade galego está decaendo ano tras ano. Unha realidade que se reflexa nos datos. Galicia perdeu máis de mil comercios so o ano pasado pero se retrocedemos no tempo, a perda é de 10 mil en vinte anos. Nuns intres, analizaremos as razóns que hai detrás desta situación-
Outros asuntos, lévanos ao campo onde falaremos da petición de Unións agrarias que pide á administración galega unha actualización das indemNizacións que reciben os gandeiros en caso de ter que sacrificar animais, xa que din, hai diferenzas con outras comunidades de ata 2000 eurs.
Tamén, non menos importante, resposta de comisións obreiras ao Plan de control e inspección das incapacidades laborais posto en marcha pola Xunta pra investigar as baixas laborais.
Hoxe, no tempo de entrevista, falaremos coa conselleira do mar, Marta Villaverde, de cara a esa reunión de mañá onde os ministros de pesca da Unión Europea teñen prevista unha xuntanza na que tratarán puntos clave pra Galicia.
E en canto ó tempo: Xornada de transición. A borrasca Ingrid despídese da nosa comunidade pero aínda mantemos a alerta, vermella no mar e amarela por vento
Escuchar audio