Non remite o conflito laboral no sector do transporte de viaxeiros na provincia...Concentración hoxe en Santiago, previa á nova xornada de folga mañá venres.
O persoal denuncia a indiferencia da patronal pra sentarse a negociar un mellor convenio, e uns servizos mínimos abusivos- Desde a Xunta esixen que se cumpran estes servizos mínimos, non coma en paros anteriores.
-os traballadores de vixilancia dos hospitais da provincia Protestaron fronte ó Hospital Provincial de Conxo, en Santiago, para denunciar inseguridade e falta de medios de protección adecuados para facer fronte ás agresións que sofren.
-A empresa Eulen asumirá o contrato das actividades dos centros socioculturais de Santiago, cuxos traballadores levan meses sen cobrar. A empresa asume a concesión por un importe de preto de 2 millóns de euros, un 13 por cento máis ca no anterior acordo.
-A Coruña, Santiago, e Ferrolterra presentaron este mércores en Madrid a súa campaña de promoción turística para este ano, no marco da Feira Internacional de Turismo, FITUR, que arrancou onte no Ifema
Escuchar audio