Mañá con protagonismo para a sanidade. O PSdeG pide a dimisión do xerente do Sergas, petición que argumenta en situacións como a do Hospital Clínico de Santiago: os socialistas falan dunhas urxencias colapsadas. Algo que negou hoxe desde alí o conselleiro de Sanidade, Caamaño tamén animou a vacinación neste fin de semana con 33 mil galegos entre 60 e 69 anos citados de forma extraordinaria.
Mentres, a líder da oposición visitou Pontevedra onde pediu un investimento de 15 millóns de euros en cultura e reclamou á Xunta solucións para a fábrica de Sargadelos.
En Caldas, a veciñanza saíu a rúa en protesta contra o trazado da variante oeste.
Tamén sobre as estradas, precaución na A52 a altura de Trasmiras, en sentido Vigo. Segue o corte de tráfico entre os quilómetros 173 e 181 despois de que, de madrugada, ardese un camión que transportaba motores. O lume quedou rapidamente controlado pero o material quedou esparexido pola vía. Non houbo feridos. Están habilitados desvíos alternativos
Soben os avisos amarelos por chuvia, ademais do Miño de Pontevedra e as Rías Baixas, tamén queda baixo alerta o oeste da provincia da Coruña
Escuchar audio