A patronal eólica atribúe o parón no desenvolvemento do sector ás decisións xudicais. De feito, o presidente da asociación de empresas describiuno en Radio Nacional como unha "moratoria xudicial". Considera que a decisión da sala terceira do Tribuna Superior non ten explicación legal.
Atención hoxe ós que teñan algunha proba médica: os técnicos sanitarios teñen convocadas outras dúas xornadas de folga.
E, desde hoxe o servizo de tren no Eixo Atlántico conta con 4.600 prazas máis; mellora que contrasta coas incidencias, a última, un tres que quedou parado no intercambiador de Taboadela.
As estradas deixannos este domingo duas víctimas mortais. Unha muller faleceu atropelada en Noita e o conductor dun turismo perdeu a vida tras unha saída de vía en Lugo.
Deportes. O Celta suma a súa segunda victoria no desconto contra o Levante; o deportivo gañou no campo do colista, o Zaragoza.
O tempo. Xornada de transición á espera dunha nova fronte que entrará á noite polo litoral atlántico. Pero, mentres, agardamos ceos pouco nubrados ou despexados
Escuchar audio