Desde as dez da noite o parque de bombeiros de Santiago volve estar baixo mínimos e inoperativo para atender unha incidencia. Sería necesario solicitar apoio ó 112.
Repítese a situación deste luns, ao negarse o persoal a facer horas extra pola falta de efectivos...Isto, a pesar de que a alcaldesa asegurara esta semana que non volvería suceder, apelando á responsabilidade dos axentes
- O pleno de Santiago desbloquea, logo de vinte anos de controversia política, a última proposta urbanística para a finca do antigo Peleteiro, priorizando a vivenda pública protexida.
- A xunta vai recorrer a sentenza do Tribunal Superior galego que anula o parque eólico de Mazaricos, “A Ruña III", avalado pola xustiza europea.
-En Cambre, traballadores do Concello volveron concentrarse este xoves diante do consistorio, pra protestar polo estancamento das conversas co goberno local para mellora-las súas condicións laborais
Escuchar audio