O sector do taxi demanda en Santiago un maior control dos VTC, os vehículos de alugueiro con condutor. Centos de condutores rodearon a sede da Xunta en San Caetano, para denunciar a ausencia de consecuencias nas accións ilegais, dín, que cometen estes vehículos.
- En Muros, o persoal laboral do Concello vaise concentrar hoxe contra o que consideran discriminación salarial. Tamén hoxe, protesta do persoal municipal de Cambre polo colapso administrativo do municipio.
- Sorpresa e indignación na confraría de Corcubión polo posible uso de dinamita na pesca da sardiña. Hai catro investigados por esta práctica ilegal. Está previsto que pasen hoxe a disposición xudicial
-A plataforma náutica do Parrote, na Coruña, abrirá ó público este sábado. As instalacións contan cunha piscina interior dun metro de profundidade, para lecer, e outra aberta ó mar para a práctica deportiva
Escuchar audio