O concello de Santiago garante que haberá dotación suficiente esta semana no parque de bombeiros, logo de estar inoperativo 24 horas na xornada do lunes.
A alcaldesa acusa ó presidente da Xunta, Alfonso Rueda, de mentir sobre o estado da comarcalización da estación compostelá.
O goberno galego pola súa banda, insta a Raxoi a traballar para solventar este grave problema, dín, de seguridade.
- Primeira sentenza do Tribunal Superior galego que anula as licenzas dun parque eólico avalado pola xustiza europea. Trátase do proxecto do monte da Ruña, en Mazaricos, ao considerar que non contou cunha avaliación ambiental axeitada.
-*En Corcubión, catro detidos investigados polo posible uso de dinamita na pesca de sardiña.
-Segunda xornada de folga entre o profesorado do ensino público, pola falta de persoal especializado. As familias do CEIP Monte dos Postes de Santiago anunciaron este martes a solicitude dunha reunión con Inspección Educativa, e unha reclamación ante a Consellería.
-*Nos deportes, na primeira rolda da Copa do Rei o Negreira cae 0 a 3 contra a Real Sociedade, e o Racing de Ferrol empata a cero contra o Langreo, accedendo á segunda fase na tanda de penaltis
Escuchar audio