Os promotores da celulosa de Altri en Palas atribúen a unha decisión política a decisión do Goberno de deixa-los sen conexión eléctrica..unha decisión da que -sinalan- non teñen coñecemento oficial.
Yolanda Díaz manifesta en Ferrol o seu apoio a construcción dun dique cuberto en Navantia e, outro ministro, o de Agricultura avanzou en Valdeorras as axudas que aprobará o goberno polos incendios.
A Xunta resta importancia a folga no ensino, mentres os sindicatos convocantes, CIG e STEGa, calcula nun 60 o seguimento. Denuncia os continuos recortes de profesores. Un exemplo o colexio de Asados, en Rianxo. Alí os rapaces aínda van empezar hoxe as clases en protesta pola falta de docentes especialistas.
Deportes. Derrota do Celta o seu debut na Liga Europa. Caeu en Alemaña por 2-1.
O tempo...todo igual, seco e solleiro...e con temperaturas ó mediodía por riba dos 20 graos
Escuchar audio