Aumenta a indignación nos centro educativos do Barbanza, ante a comparecencia do conselleiro de Educación no Parlamento. Román Rodríguez falou de normalidade neste inicio do curso no Pazo do Hórreo...onde acudiu a ANPA do Colexio "O Grupo" de Ribeira.
Ás mesma hora a ANPA do Colexio "Ana María Diéguez" de Asados celebrou unha cazolada ás portas do centro rianxeiro.
O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, absolto do delito contra o patrimonio histórico e prevaricación do que fora acusado pola demolición da Casa Carniceiro.
A alcaldesa da Coruña convoca para MAÑÁ xoves aos rexedores da area metropolitana da Coruña, e a representantes de Ferrol, Lugo e da Costa da Morte pra definir unha folla de ruta común en torno ao aeroporto de Alvedro.
Segundo día consecutivo de folga para o persoal de DIGI na provincia da Coruña convocado polo sindicato CIG, en resposta ao preacordo para o primeiro Convenio Colectivo da empresa.
Escuchar audio