Os alumnos do colexio de Asados, en Rianxo, seguirán sen asistir ás clases esta semana.
Así o decidiron por unanimidade as familias para seguir presionando en demanda das necesidades do centro.
Con todo, esta folga indefinida de asistencia podería estar chegado ao seu fin.
As demandas do colexio de arquitectos da Coruña pra cambiar as bases do concurso da fachada marítima dan resultado: o Tribunal de Contratación emitiu un fallo obrigando a volver licitalo.
En Santiago, a Unión Hoteleira Compostela presenta no Contencioso Administrativo un recurso contra a taxa turística avalado pola Universidade de Santiago.
Nun cuarto de hora, ás nove, retomaráse en Sada a busca do home desaparecido este venres, A Garda civil precisa que o traballo centraráse na contorna do Pazo de Meirás
Escuchar audio