De novo o lume volve a sobresaltarnos.... Está activa a situación 2 de emerxencia por dous incendios en Pantón e O Bolo. De momento de pequenas dimensións comparado co que tivemos no verán, pero que resultan unha ameaza para algunhas casas.
-Mobilizacións por toda Galicia en apoio ó pobo palestino. En Ourense, coa lectura continuada dos nomes dos nenos asasinados en Gaza.
- O persoal de terra de RyanAir en Santiago rexeita o ERE proposto pola compañía como consecuencia do peche da base de Lavacolla.
- O Concello de Catoira procedeu esta mañá ó precintado dunha empresa pirotécnica no lugar de Coaxe, na parroquia de Dimo.
- O tempo. último día desta semana con estas temperaturas altas... pola tarde hai risco de treboadas no interior
Escuchar audio