O Goberno remitiu xa á Unión Europea os datos sobre a prórroga da concesión da AP-9 ata 2048. A partir de agora asegura que o procedemento continúa e que esgotará tódalas posibles opcións de resposta.
Constesta xusto no día no que vencía o prazo para evitar que o asunto chegase ó Tribunal de Xustiza Europeo. Os recorrentes, a asociación En Colectivo, lamenta esta nova demora.
Agora ampliamos. Antes, con Alejandra López, outras noticias en titulares
- Preocupación pola reducción de espazos de pesca. Escocia prohibe a unha vintena de barcos as capturas en 42 áreas mariñas.
- Educación elixiu un instituto de Pontevedra para presenta-lo primeiro protocolo contra a violencia na infancia e na adolescencia.
- O verán que estamos a piques de deixar atrás foi extremadamente cálido e moi seco, segundo o informe que vén de presentar a Axencia Española de Meteoroloxía.
- Agora tras un inicio de mes con chuvias, recuperamos a estabilidade e de novo con temperaturas máximas por riba dos 30 graos.
Escuchar audio