En Muros, prestan declaración os tres cidadáns colombianos detidas esta pasada fin de semana na Pobra nunha operación contra o narcotráfico. Acción que supuxo a incautación de 3.600 quilos de cocaína. A operación continúa aberta, porque falta por saber, se eles eran os transportistas, con que apoios continuaban en terra.
O delegado do goberno prefiere se cauto.... agora o escoitamos. Antes outros titulares deste martes con Antía Fernández
- Os incendios queimaron o 11 por cento do espazo da Rede Natura galega.
Segundo Adega a viabillidade ecolóxica dalgunhas destas áreas fica seriamente ameazada.
- O voto en contra de PP e Vox e a abstención do PSOE impediron esta mañá que Sumar impulse no Congreso un referéndum consultivo sobre a instalación de Altri en Palas de Rei.
- Un estudo acredita que música ademáis de modificar os xenes, pode cambiar tamén as proteínas e a microbiota en persoas con autismo, demencia e dano cerebral.
- O tempo. recuperamos a influencia do anticiclón e soben as temperaturas máximas
Escuchar audio