Boa tarde
O Foro Cidadán polo Ferrocarril, formado por preto de 30 asociacións de Ferrolterra, retoma a súa actividade para esixir melloras nas conexións de tren coa Coruña. Reuniránse coas distintas institucións implicadas, e preparan xa unha gran mobilización.
Denuncian que Ferrol segue estando marxinada do eixo atlántico en canto á mobilidade. Só hai catro conexións diarias de tren entre Ferrol e A Coruña, que ademáis, son pouco funcionais. Esperanza PIñeiro, voceira do Foro Cidadán polo Ferrocarril.
Piden a modernización do tren, -é a única liña galega non electrificada-, a inclusión de Ferrol no Eixo Atlántico, e a ampliación da oferta.
Xa teñen solicitadas reunións co Parlamento Galego, a Delegación do Goberno, a Deputación da Coruña e a Mancomunidade de Ferrolterra. Traballan xa tamén nunha gran mobilización pra dar visibilidade á precaria situación do ferrocarril na comarca.
Escuchar audio