Darse conta de que vives nunha espiral de violencia diaria e ser capaz de pedir axuda non é sinxelo. Moitas veces as vítimas buscan información, apoio, e mesmo denuncian, pero o medo a ser xulgadas ou mesmo a falta de conciencia da gravidade da súa situación fan que sexa complexo avaliar o risco que corren. A muller tiroteada este domingo en Verín dera tódolos pasos, pero o sistema de protección clasificouna no nivel máis baixo de risco. No caso do Barco de Valdeorras da semana pasada, buscara información, pero negara as agresións. Por iso os expertos insisten unha vez máis en que toda a sociedade debe apoialas, acompañalas, e buscar axuda cando teñan coñecemento de situacións de violencia
- O ano pasado houbo 89 vítimas mortais de tráfico na nosa comunidade, unha máis que en 2023
O aumento dos accidentes graves na provincia da Coruña roza o 50%. En 7 de cada 10 casos está implicado un coche con máis de 10 anos de antigüidade
- Aprobado definitivamente o novo PXOM de Vigo, que substitúe ó anulado polo Tribunal Supremo en 2015
Empresarios e promotores din que se revitalizará o sector da construción nun momento no que a vivenda é a principal preocupación da cidadanía
- Compostela, segunda cidade galega en solicitar á Xunta a declaración de zona de vivenda tensionada
O concello pide que a definición de 'gran propietario' se aplique ós donos de máis de cinco inmobles e gravar as vivendas que leven 5 anos sen alugar
- O marisqueo do fondo da ría de Pontevedra, parado á espera de novas análises
O Intecmar tomou novas mostraxes esta mañá pra decidir se a presenza de toxina obriga ó cese definitivo da actividade
- No tempo, volvemos á senda do anticiclón, con ceos abertos e temperaturas á alza
Escuchar audio