O relevo xeracional dos profesionais dos centros de saúde faise de rogar... O novo proceso de adxudicación de prazas MIR, logo de tres semanas en marcha, vai apuntando cara un desenlace semellante ó do ano pasado, cando despois de facer unha repesca quedaron aínda 42 das prazas ofertadas por Galicia sen aspirante. Son ocos que non se cubren este ano, e profesionais que non se incorporan á medicina de familia do futuro. Din os que xa o fixeron que de nada serve ampliar cada ano as prazas se quedan baleiras, e poñen o foco nun día a día sobrecargado de traballo e burocracia
- Inquedanza entre os traballadores do hospital Povisa de Vigo tralo cesamento dos máximos responsables do grupo Ribera.
A reorganización supón que agora o centro sanitario, de referencia para 114.000 persoas da área sanitaria de Vigo, pasa a estar controlado dende Francia.
- A familia de Samuel Luis recorrerá a absolución dun dos catro condenados polo seu crime
A fiscalía aínda está a estudar o fallo do Tribunal Superior pra decidir se acode ó Supremo.
- O Fondo para a Protección do Lobo Ibérico pide persoarse en tres dos expedientes de caza abertos en Galicia.
Calquera autorización para cazar lobos en Galicia debe vir precedida dun informe sobre os danos causados pola especie.
- A aparición de toxinas obrigou ó peche cautelar do marisqueo no fondo da ría de Pontevedra.
É o primeiro peche do ano e pode condiconar a volta a actividade prevista para o luns.
- O tempo. Sol en toda Galicia, pero o nordés fai que as temperaturas non sexa altas, sobre todo no norte
Escuchar audio