O tribunal Superior absolve a un dos catro condenados polo asasinato de Samuel Luiz. Considera que non hai probas pra acreditar que Alejandro Míguez actuara como como cómplice. Anula polo tanto a condena de dez anos de prisión.
A Audiencia provincial xa absolverá a Catherine Silva. Así finalmente só quedan tres condandos a 20 e 24 anos de prisión pola agresión grupal mortal a Samuel Luiz vai facer catro anos no entorno da praia de Riazor.
Agora detallamos a sentnza coñecida hoxe
- Nas próximas horas está previsto o pase a disposición xudicial do home detido o martes no Barco de Valdeorras despois de que a súa parella se tirase pola ventá.
Investígase se fuxía dunha posible agresión. A muller continúa hospitalizada nos hospital do Meixoeiro de Vigo.
- CC.OO desconvocou a folga de inspectores de pesca.
Tras 80 días de folga hai un acordo con melloras retributivas polos horarios especiais e para a recuperación do poder adquisitivo.
- En risco as festas deste verán dos barrios de Vigo.
O accidente mortal do pasado ano en Matamá fai que aumente a vixilancia e moitos non poderán cumprir os requisitos.
- O sector cultural percibe unha moi baixa presenza do galego naquelas modalidades de consumo entre a xente nova.
Nos videoxogos, series ou películas predomina o castelán, segundo un informe do Consello da Cultura Galega
Escuchar audio