A conselleria de sanidade asegura que está traballando pra erradica-lo virus do papiloma humano, que causa varios tipos de cancro.... Así o afirmoiu hoxe o conselleiro no parlamento, tras anunciar unha nova ampliación dos plans de vacinación. A inmunidade contra esta enfermidade comezou en 2008, só coas rapazas, ampliouse ós varóns en 2022... Agora súmanse novos grupos de poboación, ata os nacidos en 2004. O conselleiro tamén anunciou a ampliación das vacinas intra naais contra a gripe ata os 11 anos, que poderían ser dispensadas nos colexios nun proxecto piloto, e a estensión a persoas máis novas das vacinas da gripe de alta carga
- Armadores e confrarías mostraron a súa satisfacción polo acordo que garante a pesca en augas británicas 12 anos máis.
Da estabilidade ó sector e permite que os armadores poidan pensar en afrontar a modernización dos barcos.
- Protesta da CIG en Vigo pola suspensión das negociacións do convenio nas empresas de elaborados de peixe.
A patronal alega que o decreto de reducción da xornada de traballo os vai arruinar.
- Agricultores e gandeiros galegos sumáronse á protesta organizada en Madrid pra demandar que se manteñan as axudas da PAC.
Mobilización ante o temor de que, na nova proposta, se desmonte a política agraria común tal é como está agora.
- O alcalde de Oleiros xustifica a derruba dunha vivenda catalogada polo mal estado do inmoble e para evitar males maiores.
A fiscalía pide pra Ángel García Seoane quince meses de cárcere e doce de inhabilitación.
- O tempo. Mantense algo de inestabilidade e non se descarta algún chuvasco illado no interior. As temperaturas máis altas
Escuchar audio