A tripulación do pesqueiro galego PICO TRESMARES, que faenaba en augas de Chile, está en bo estado, e está a ser trasladada a porto. Un incendio na sala de máquinas fixo que os 20 tripulantes, entre os que hai mariñeiros galegos, tivesen que facer uso das balsas salvaviodas. O palangreiro pertence a un armadora de Celeiro.
Todo nun día no que seguimos pendentes de Altri porque os concellos afectados pola chegada da macrocelulosa non baixan as mans, seguen a pedir á cidadanía que amose o seu rexeitamento despois do visto bo ambiental da Xunta. Hoxe son os da mancomunidade Barbanza-Arousa os que chaman á mobilización
- A Xunta adianta que non pode aceptar o reparto de menores migrantes entre as comunidades tra-lo acordo do Goberno con Junts.
O presidente Alfonso Rueda non descarta, como xa fixo a comunidade madrileña, acudir á xustiza se se lles impón.
- Ducias de persoas ocupan camas hospitalarias porque non teñen a onde ir.
O problema é a falta de prazas en residencias públicas e que non se axiliza a tramitación de solicitudes de dependencia nos casos de emerxencia social.
- O persoal das escolas infantís privadas esíxelle á Xunta que medie coa patronal a prol dun convenio galego.
Agora dependen dun convenio estatal que, segundo o sindicato CIG, precariza extremadamente as condicións laborais.
- Em Ourense, turistas e visitantes disfrutan das termas da Chavasqueira a pesar de estar pechadas ao público.
Amigos das Termas crítican o desleixo do Concello de Ourense con un dos principais atractivos da cidade.
- O tempo.... nada que ver soa situación no sur e no levante...temos nubes e claros, pola tarde prevese algún chuvasco máis. As temperaturas máis altas
Escuchar audio