O aval ambiental da Xunta á celulosa de Altri reactiva a loita cidadá contra este proxecto.
E é que as distintas plataformas que se opoñen á fábrica destacan que a clave está no financiamento. Piden que non se destinen fondos públicos a proxectos que, como o de Altri ou a Mina de cobre de Touro, se levan a riqueza de Galicia e deixan aquí a contaminación. Argumentos que esta mañá expuxeron na Pobra do Caramiñal durante a presentación da manifestación convocada pra o vindeiro sábado.
Agora os escoitamos. Antes, con Antía Fernández, outros titulares deste luns
- Este ano haberá tres meses sen polvo de procedencia galega.
A consellería do mar e as confrarías acordaron esta mañá implantar un paro biolóxico dun mes no polbo, unido ós dous de veda.
- Na illa, próbase con éxito un sistema de engorde de amieixa en xaulas.
O sector urxe agora a autorización de Portos amplia-la instalación actual e abaratar custes na rexeneración dos bancos marisqueiros.
- Incerteza no sector do viño pola imposición de aranceis en Estados Unidos.
Desde Rías Baixas sinalan que se aplica a suba anunciada por Trump significará o peche dun mercado que supón un 30 por cento das exportacións.
- O BNG propón cambios no modelo de compra alimentaria pra centros públicos.
Quere que o prezo non sexa o factor principal, senón que primen os criterios sociais e ambientais.
- O tempo. Temos a influencia dunha borrasca que que supón un aumento da nubvosidade e algunha precipitación. A cambio a temperatura algo máis suave
Escuchar audio