A Xunta dará a acoñecer hoxe o informe de impacto ambiental de Altri. Saberemos se ten o camiño libre pra instalar a celulosa en Palas. Decisión que se vai coñecer xusto cando se coñeceu que o Tribunal Superior anulou paarte dun decreto da Xunta por privatizar a eleaboración dos informes ambientais. A conselleira de Medio Ambiente di que non vai afectar nada; a CIG, que foi quen presentou recurso, asegura quedan invalidados os procesos abertos desde que hai dous anos entrou en vigor o decreto.
A Xunta suspende de xeito cautelar a actividade en Sogarisa, a planta de tratamento de residuos industrias, por varios casos de intoxicación.
E, as estradas deixanos un falecido a pasada noite en Ames. Foi polo choque do vehículo que conducía contra uan camión.
Deportes. Baloncesto... o Uni Ferrol xogará a finala da Eurocup. Aínda ue perdeu por once puntos en Lyon, fixo valer a súa ventaxa da ida.
O tempo. Noite moi fría con temperaturas baixo cero en moitos puntos do interior e xeadas. Logo polo día van alternar as nubes e os claros con algún chuvasco no norte
Escuchar audio