Ferrol xa goza do primeiro tramo da avenida das Pías tras máis de dous anos de obras. Uns traballos de humanización financiados con fondos europeos que acurta as distancias entre os barrios do Bertón e Caranza. E para o próximo treito non haberá que agardar moito máis, a previsión é que estea aberto en abril.
-As vivendas públicas en réxime de alugueiro que a Xunta constrúe en Santiago estarán rematadas entre este ano e o que ven. Algo menos da metade estarán destinados a menores de 36 anos.
-Os orzamentos da Coruña quedaron aprobados automáticamente esta noite ante a falta de acordo do PP e o BNG para presentar unha moción de censura. Os populares lamentan unha erosión da democracia no concello.
-Folga indefinida dos traballadores de Quirón Prevención, que prestan servizos en Navantia. Piden a súa inclusión no convenio provincial do metal e equipos de proteccións individual
Escuchar audio