Pasou hai 53 anos, pero hoxe volve ser noticia. Amador Rey e Daniel Niebla, dous operarios do naval, morreron asasinados por disparos da policía de Franco en Ferrol. Foi durante unha manifestación do naval. Hoxe, moi preto de onde todo sucedeu, ante o monumento dez de marzo, ofrenda floral, e logo manifestación sindical.
É o Día da Clase Obreira Galega.
- A Universidade de Santiago elaborará un censo estatal de vítimas da guerra e a ditadura pro goberno central. Correrá a cargo do Grupo Histagra.
- O secretario do PSOE compostelán, Aitor Bouza, entra na nova executiva do PSdeG. Tamén o fan outros catro membros da agrupación local.
- Os traballadores do trasporte urbano de Santiago reúnense hoxe co concelleiro de Mobilidade. Teñen convocada folga pro 14 e o 21 de marzo
Escuchar audio