Volveu pasar outra. Os profesionais sanitarios do hospital da Coruña tiveron que facer fronte esta semana a unha nova agresión. Un paciente que en principio non era violento pero que se desorientou. Houbo seis feridos. Os traballadores lembran que un mes despois do ataque con arma branca no servizo de Urxencias continúan desprotexidos, sen formación e sen seguridade.
Desde o Chuac suliñan que estamos ante un caso distinto.
- O concello defende o acordo con Albada, a concesionaria da planta de lixo de Nostián. Alega que de rematar nos xulgados, só conseguirían 4 dos 8,3 millóns de euros que finalmente pactaron.
- Os catro edís composteláns expulsados do PSOE agradecen a carta de apoio asinada ata o momento por máis de medio milleiro de persoas. Entre elas, o ex presidente Touriño e o ex alcalde Sánchez Bugallo.
- Hoxe reúnese a Xunta de Facultade de Medicina. Unha convocatoria extraordinaria a instancias do decano, Julián Álvarez, pra estudar a proposta da Xunta de descentralizar a docencia en cuarto e quinto curso
Escuchar audio