Febreiro deixou bos datos de emprego, pero, de novo, as mulleres son as que teñen máis dificultade para incorporarse ó mercado laboral.
En Lugo, o PSdeG reactivará hoxe os contactos pra propoñer un candidato á alcaldía de Lugo, asunto que pretende pechar antes do Congreso que celebra esta fin de semana e que esta mañá presenta José Ramón Gómez Besteiro.
En Vigo, detidos tres colombianos que formaban parte dunha banda itinerante dedicada ó roubo en pisos e vivendas. E, en Lugo un home de 50 anos faleceu cando realizaba tarefas de poda nun terreo particular, na parroquia do Veral.
O tempo. aumenta a inetabilidade e á tarde poden formaranse chuvascos localmente treboentos, máis probables na metade sur e interior da Comunidade
Escuchar audio