Hoxe Viveiro cambia de alcalde. Dúas décadas despois, o PP recupera esta alcaldía da mariña. Farao cunha moción de censura na que se apoia nun grupo independente liderado por un ex-militante do BNG.
En Vigo, o pleno da corporación deu o seu apoio á construcción dun túnel pra unir a cidade co Porriño, pero co único apoio do grupo socialista. E aínda na cidade olívica: o alcalde manifesta a súa oposición a construcción dun tren a Bouzas en contra da posición do comisionado do corredor atlántico.
Deportes. O Uni Ferrol colle vantaxa no obxectivo de meterse na que sería a súa primeira final europea. Ana Peleteiro xa está na final do europeo de atletismo.
O tempo. Hoxe quedamos na influencia dunha fronte activa asociada a unha baixa situada ó oeste da Comunidade. As chuvias serán máis xeneralizadas e intensas pola tarde
Escuchar audio