Altri recibe o permiso ambiental da Xunta. É aúltima hora que acabamos de coñecer, o goberno galego ve viable a planta de celulosa en Palas de Rei, Xa saiu publicado no DOG. Veremos ao longo desta xornada qué opinións desata esta nova... Lembremos que é unha planta moi criticada porque afectaría, din algúns grupos e asociacións, aos ecosistemas galegos, entreles, o da ría de Arousa.
Esa é a última hora... que ampliaremos nos vindeiros servizos informativos... Mentres, hoxe destacamos tamén outras noticias da actualidade na provincia.
O acordo entre A Coruña e a concesionaria de Nostián sobre o pago polos rexeites foi aceptado polos xuíces. Non atopan ningún indicio de ilegalidade nin lesión de interese público. Un documento que foi presentado no pleno municipal deste xoves, precisamente, mentres se debatía unha moción dos populares na que se solicitaba a anulación do pacto entre as dúas partes.
-A ministra de defensa asegura que a orde de execución do novo buque de aprovisionamento para a Armada estará asinada no verán. Unha promesa realizada este xoves nunha reunión con PSOE ferrolán
-Paralizada a actividade na planta de tratamento de residuos industriais de Galicia, ubicada nas Somozas. Foi despois de que o 112 recibise varios avisos de casos de intoxicación na contorna.
-Os veciños de tres parroquias de Boiro piden ter fibra óptica. Cren que o illamento dixital fomenta o baleirado do rural
Escuchar audio