A área sanitaria viguesa contará cunha unidade de queimados propia. Así o asegurou esta mañá o xerente da área, logo de que trascendera que o novo convenio co hospital Povisa que se está a negociar non prevé que o centro privado siga prestando este servizo. Algo que segundo Sos Sanidade deixaría a un millón de persoas desatendidas, nunha zona de gran actividade industrial e risco de accidentes deste tipo. Sen a unidade privada viguesa, a única unidade de queimados de Galicia é a do complexo hospitalario da Coruña.
Descentralización deste servizo, e tamén dos estudios de medicina... O conselleiro retoma o acordo de hai 10 anos pra trasladar parte desa formación a Coruña e Vigo
- Pérez Touriño entre os asinantes dunha carta en apoio ós catro concelleiros expulsados do grupo socialista.
Medio cento de persoas sinalan que resulta difícil de entender o proceso continuado de deslexitimación ó que son sometidos.
- Chamamento en Santiago a unha maior investigación da proxeria: unha enfermidade que acelera avellentamento dos nenos.
Como ocorre con outras patoloxías extremadamente raras, os laboratorios apenas invisten en posibles tratamentos.
- A asociación Mina Touro-O Pino NON alerta do impacto que o proxecto terá no sector gandeiro na comarca de Arzúa.
Pon o foco na emisión de partículas contaminantes que acabarán na cadea alimentaria.
- Desconvocada a folga do lixo en Ourense que ía comezar este sábado de entroido.
Tódo-los sindicatos, agás a CIG, aceptaron a proposta da dirección que onte fora rexeitada pola asemblea de traballadores.
- Tempo seco e temperaturas altas no sur
Escuchar audio