Ás doce da mañá arranca en Outes o pleno de moción de censura que, salvo sorpresas, dará a alcaldía aos populares, co apoio do edil do PSOE, expulsado do partido.
- A cita en Santiago é ás nove da mañá en Raxoi...alí o goberno local recibirá á veciñanza do ensanche compostelán. A asociación Raigame opónse á nova proposta urbanística para a finca do Peleteiro, que cualifica de "traición aos veciños".
- A municipalización do parking das prazas de Galicia e de Vigo en Santiago, un paso máis preto. A xunta de goberno local aproba a proposta para a creación da comisión de estudo da súa xestión directa.
- O consorcio das Mariñas queda en Nostián, pero rexeita entrar na xestión da planta de residuos. O concello da Coruña licitará a xestión no segundo semestre deste ano
Escuchar audio