Milleiros de persoas volveron sair á rúa este domingo para demandar á Xunta medidas reais ante a emerxencia lingüística pola que pasa o galego. A plataforma convocante "Queremos galego" sinala que na práctica o Partido Popular segue apoidando medidas contra o idioma propio de Galicia. Protesta en Santiago que cadrou o Día de Rosalia que centrou os os actos en Padrón e Santiago.
Outra mobilización este domingo, a dos veterinarios na Coruña que se queixan das novas normas pra prescribir antibióticos que na práctica -din- limita o seu uso.
E, desde este luns os farmacéuticos poderá renovar medicamentos sen receita.
Deportes. o Deportivo non pasou do empate co Huesca en Riazor. Atletismo, remata o campinato de España con euro para Belén Toimil e Ana Peleteiro; prata para Adrián Ben.
O tempo. Entra unha nova fronte fría activa que entra nestas primeiras horas polo Oeste e irase estendendo a toda Galicia. Hai activa unha alerta laranxa por temporal costeiro. As chuvias poden ser localmente fortes na metade oeste e norte.
Escuchar audio